DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2011 Páx. 1.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 27 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral, na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2011.

Advertido erro no artigo 4º-1-b do anexo I da devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 7, do mércores 12 de xaneiro de 2011, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Onde di: «-Do 11% ao 19%: ata 10 puntos»; debe dicir: «de máis do 10% ao 20%: ata 10 puntos».