DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2011 Páx. 1.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2011 pola que se prorroga o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 20 de abril de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao amparo de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras. As ditas bases publicáronse no Diario Oficial de Galicia nº 230, do 30 de novembro de 2010. Posteriormente, na súa xuntanza do 30 de decembro de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros a modificación das citadas bases.

Nesta modificación posibilítase que os titulares de operacións acollidas ás liñas ICO 2010 establecidas nas bases reguladoras, mediante a modalidade de contratos de arrendamento financeiro (leasing), poidan solicitar a axuda complementaria do Igape. Tendo isto en conta, parece oportuno ampliar o prazo de presentación previsto para as solicitudes da axuda do Igape considerando a necesidade dun tempo suficiente para a debida publicidade e presentación formal ante as entidades financeiras e por parte destas no Igape.

Por todo o anterior, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Prorrogar ata o 14 de febreiro de 2011 o prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado na entidade financeira e ata o 14 de marzo de 2011 o prazo de presentación no Igape por parte das entidades financeiras, ambos os prazos establecidos no artigo segundo da Resolución do 23 de novembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao amparo de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica