DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2011 Páx. 1.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de decembro de 2010 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2009-2010, convocados pola Orde do 4 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro).

A Orde do 4 de outubro de 2010, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 11 de outubro), pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2009-2010, establece no seu artigo 11º.2 que, de acordo coa proposta feita pola comisión, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará esta proposta para a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da resolución de concesión ditada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Así mesmo, establece que o Diario Oficial de Galicia recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Unha vez publicada a relación provisional da proposta, cuberto o disposto no citado artigo 11º.2, vista a acta coa proposta definitiva da Comisión de Selección de adxudicación dos premios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, este conselleiro

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2009-2010 ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra a resolución de adxudicación dos premios poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnala directamente na vía xurisdicional ante a Sala do Contencioso-Admnistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "01500D005P028.PDF"