DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2011 Páx. 1.295

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de decembro de 2010 pola que procede á convocatoria pública das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas ás persoas titulares e ás inquilinas das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2011.

Advertidos erros na publicación da dita resolución, realizada no Diario Oficial de Galicia, nº 250, do xoves 30 de decembro de 2010, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 21.473, segunda columna, artigo 15º.2, letra a), onde di: «A documentación sinalada nas alíneas a), c), d), e) do artigo 7º.3 desta resolución», debe dicir: «A documentación sinalada nas alíneas a), c), d), e) do artigo 11º.2 desta resolución».

Na páxina 21.474, disposición adicional única, parágrafo único, cuarta liña, onde di: «... a entrada e vigor desta resolución», debe dicir: «... a entrada en vigor desta resolución».