DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2011 Páx. 1.291

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2011 pola que se procede á convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos colectivos empresariais, cofinanciados co Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica o 1 de marzo de 2010 e modificadas polo dito Consello de Dirección o 15 de novembro de 2010, publicadas nos diarios oficiais de Galicia número 73, do 20 de abril de 2010 e número 11, do 18 de xaneiro de 2011.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 15 de novembro de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes facultar o director xeral para proceder á aprobación dos créditos e convocatoria para o 2011 das axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais, as cales foron aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 20 de abril, e modificadas o 15 de novembro de 2010 e publicada a súa modificación o 18 de xaneiro de 2011 no Diario Oficial de Galicia nº 11.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.

Convocar para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais segundo as bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e modificadas polo dito Consello de Dirección o 15 de novembro de 2010 e publicadas inicialmente no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 20 de abril, e posteriormente modificadas segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2011.

Estas axudas poderán estar cofinanciadas ao 80% co Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, temas prioritarios 62 e 63.

Para os efectos da nova convocatoria, substitúese o anexo I, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo anexo.

Segundo.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, tras acreditarse no expediente que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2011 que dea cobertura orzamentaria do dito gasto. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión e todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que no momento de ditarse a resolución de concesión subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos os ditos actos.

Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte) e rematará o 28 de febreiro de 2011.

Cuarto.-Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Ver referencia pdf "01400D005P067.PDF"

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión. Os beneficiarios deberán presentar a/s solicitude/s de cobramento no prazo improrrogable dun mes contado desde o día seguinte á data límite de execución do proxecto subvencionado indicado na resolución de concesión, ou se a data de publicación da resolución de concesión fose posterior, desde o día seguinte a esta data de publicación da resolución, e nunca posteriormente ao 30 de outubro (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte) do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión. Nos proxectos plurianuais, a xustificación dos gastos realizados entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada anualidade pasarase á seguinte anualidade.

Sexto.

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e modificadas polo dito Consello de Dirección o 15 de novembro de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 20 de abril, e a súa modificación no nº 11, do 18 de xaneiro de 2011.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Ver referencia pdf "01400D005P067.PDF"