DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2011 Páx. 1.291

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2010 pola que se da publicidade ás subvencións concedidas aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de gastos correntes das súas oficinas municipais de información aos consumidores, no marco da Resolución do 28 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 9 de agosto) pola que se convoca e regula a concesión de subvencións aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de gastos correntes das súas oficinas municipais de información aos consumidores para o ano 2010.

Na súa virtude, de acordo co establecido no artigo 20º das bases da citada convocatoria,

RESOLVO:

Facer públicas as subvencións concedidas para o financiamento dos gastos correntes das súas oficinas municipais de información aos consumidores (OMIC), aos beneficiarios que se relacionan no anexo desta resolución e nas contías que se sinalan.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2010.

Nava Castro Domínguez

Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Ver referencia pdf "01400D004P067.PDF"