DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2011 Páx. 1.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 31 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, ampliando a recollida no artigo 28º.7 do Estatuto de autonomía de Galicia.

En virtude desta competencia, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas, dispoñendo que a Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de traballo, realizará unha política de fomento do movemento cooperativo e adoptará as medidas necesarias para promover a constitución e o desenvolvemento das cooperativas.

Por outra banda, e tendo en conta o marco establecido no artigo 40º da Constitución española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29º e 30º do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego, e a Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galicia, asinada o 5 de novembro de 2005, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais e empresariais, e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e de cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a sociedade galega para crear emprego.

Segundo o establecido no artigo 29º do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos transferidos, correspóndelle á comunidade autónoma a xestión de calquera tipo de axudas, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ao Traballo e, segundo a disposición adicional única da Orde TAS/3501/2005, do 7 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento do emprego e mellora da competitividade nas cooperativas e sociedades laborais, a xestión das axudas dos programas para a creación e o mantemento do emprego recollidas nela.

O Programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013 recolle no seu eixe número 1 as estratexias dirixidas ao fomento do espírito emprendedor e a mellora da adaptabilidade dos traballadores e traballadoras, empresas e persoas emprendedoras.

Nese marco e, concretamente, desenvolvendo o seu tema prioritario número 62, imputaranse distintas accións elixibles de acordo cos criterios de regulación dos programas tales como os recollidos nos programas III e V desta orde: potenciación de novos proxectos empresariais e a mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais ou do fomento do cooperativismo a través de asistencia técnica, e formación e inclusión das TIC, entre outros.

De acordo co disposto no Decreto 335/2009, do 18 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta o exercicio das anteditas competencias e funcións.

Para reforzar a visión integral do apoio á economía social na Comunidade Autónoma de Galicia esta orde agrupa os programas de promoción, divulgación e difusión do cooperativismo e o programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais que se adecúa á orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais 3501/2005, do 7 de novembro (BOE nº 270, do 11 de novembro).

As distintas axudas e subvencións establecidas nesta orde intégranse dentro das accións que a Consellería de Traballo e Benestar pretende levar a cabo para conseguir un axeitado desenvolvemento en materia de economía social, tanto no que respecta ao fomento do emprego e mellora da competitividade como á promoción das cooperativas, de xeito que redunde en beneficio e mellora do eido económico e socio-laboral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A situación actual de crise económica afecta especialmente a capacidade de creación de emprego. Neste contexto, resulta preciso incidir na mellora da competitividade da economía social e activar suficientemente as súas potencialidades de emprendemento e autoemprego, tendo en conta a súa capacidade de resistencia ás crises, de creación de emprego estable e de calidade, así como a oportunidade que estas empresas representan para a recuperación económica e para a mellora do benestar social.

O programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais establece un conxunto de axudas orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas, como socios e socias traballadores/as ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio. Así mesmo, preténdese mediante incentivos para o financiamento dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial, aumentar a competitividade destas empresas co obxecto último de manter o seu emprego.

Os programas de promoción do cooperativismo e a economía social establecen axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos, incluso na fase previa á súa constitución formal, potenciando singularmente os procesos de asesoramento e acompañamento das novas iniciativas; fomentan especificamente o acceso á condición de socios e socias traballadores/as para incentivar a plena integración na empresa cooperativa e recollen axudas para a realización de actividades de promoción do cooperativismo.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial, no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Por todo o exposto, consultados o Consello Galego de Cooperativas e o Consello Galego de Relacións Laborais, e de conformidade coas atribucións que teño conferidas polo artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Seccion primeira

Bases

Capítulo I

Finalidade, ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Obxecto, finalidade e principios de xestión.

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:

Programa I-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Programa II-Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.

Programa III-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

Programa IV-Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

Programa V-Actividades de promoción do cooperativismo.

2. As bases reguladoras de cada un dos programas incorporaranse como anexo desta orde, que forma parte integrante dela.

3. Co obxecto de facilitar a programación e correcta execución das accións subvencionadas, así como para propiciar unha mellor xestión orzamentaria, incentivaranse programas de actividades con carácter plurianual, de acordo co artigo 26º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

-Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

-Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.

-Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

5. Estas bases teñen vixencia ata o ano 2013, inclusive.

Artigo 2º.-Persoas e entidades beneficiarias.

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:

a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.

c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3.2.1 da base terceira.

d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego, así como os asalariados/as das cooperativas e sociedades laborais, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de Actividades de promoción do cooperativismo.

2. Con carácter xeral, os beneficiarios e as beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia ou no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, ambos dependentes da Xunta de Galicia, e/ou no Rexistro Mercantil, se é o caso.

b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

3. Esta orde non será de aplicación ás solicitudes formuladas polas empresas e para as actividades que se indican a seguir:

a) Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (CE) 104 do Consello (DO L 17, do 21 de xaneiro de 2000).

b) Empresas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.

c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, a axuda vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación ou funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

d) Empresas activas no sector do carbón, segundo se define no Regulamento (CE) 1407/2002.

e) Adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada, por empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada.

f) Empresas en crise.

Artigo 3º.-Financiamento e normativa reguladora.

1. A concesión das axudas previstas nos programas desta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás aplicacións 12.03.324A.471.0, 12.03.324A.472.0 e 12.03.324A.770.0, da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

A distribución inicial de créditos fixarase para cada un dos cinco programas recollidos no artigo 1º, en cada convocatoria de axudas.

Os programas I e II atenderanse con fondos finalistas por tratarse de accións elixibles de acordo coa Orde TAS/3501/2005, do 7 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento do emprego e a mellora da competitividade nas cooperativas e sociedades laborais, complementados con fondos propios libres.

Os programas III e V atenderanse co Fondo Social Europeo (ao 80%) e fondos propios que cofinancian (ao 20%) por tratarse de accións elixibles no eixe 1 tema prioritario 62, de acordo co Programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, complementándose con fondos propios libres.

O programa IV atenderase con fondos propios libres.

De producirse remanentes de crédito nalgún dos devanditos programas, procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes.

Estes importes poderán verse incrementados con fondos comunitarios, da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co artigo 30º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polos fondos europeos.

2. As solicitudes, a súa tramitación e concesión axustaranse ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

De ser o caso e, de acordo co disposto no artigo 31º.4 da referida Lei 9/2007, publicarase mediante resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Capítulo II

Normas comúns, solicitudes, documentación e procedemento

Artigo 4º.-Solicitudes, prazo e documentación.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nos distintos programas desta orde deberán formalizarse por separado para cada un deles, dirixiranse ao órgano competente para resolver e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1.1. Segundo o disposto no artigo 20º.3 da Lei 9/2007, as solicitudes acompañarán os documentos e as informacións determinados na convocatoria, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da administración actuante; neste caso poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35º da Lei 30/1992, sempre que se faga constar a data e órgano ou dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que corresponda.

2. Segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e a Orde do 7 de xullo de 2009, que desenvolve o decreto citado, deberán presentar copia compulsada do DNI do/a solicitante, no caso de que o/a interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

Segundo o establecido no artigo 20º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia; non obstante, poderán denegar expresamente o consentimento, e deberán presentar entón as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas non será inferior a un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e respectaranse, de ser o caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda, no anexo I das bases.

4. As solicitudes presentaranse no modelo que figura como anexo II desta orde, e deberán ir acompañadas da documentación xeral e específica indicada no anexo II. As solicitudes e os anexos están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es

As entidades que soliciten máis dun programa dos previstos nesta orde unicamente deberán xuntar un exemplar da documentación xenérica coa primeira das solicitudes presentadas, facendo constar tal circunstancia nas posteriores. En todo caso, todas as solicitudes se deberán presentar xunto coa documentación específica para o programa respectivo.

5. As solicitudes detallarán a planificación das actividades indicando a preferencia de axuste temporal dos orzamentos ás dúas anualidades posibles, tendo en conta que serán elixibles as accións que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro do ano en que se efectúe a convocatoria das axudas e o 15 de maio do ano seguinte.

A memoria técnica que forma parte da documentación (anexo II) especificará claramente esta planificación mediante cronograma e o orzamento detallado por anualidades.

6. As accións dos programas I, III e IV (incorporación de desempregados e contratados temporais, impulso de proxectos e asistencia técnica, e acceso á condición de socio traballador), poderán terse iniciado desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas do ano inmediatamente anterior.

Artigo 5º.-Criterios obxectivos de adxudicación das subvencións.

Os criterios de valoración das solicitudes serán os recollidos para cada programa de axudas no anexo I.

Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario/a, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas. En caso de empate a puntos de baremación entre os solicitantes, priorizaranse aquelas solicitudes que teñan rexistro de entrada con anterioridade.

O órgano concedente asignará o crédito dispoñible na convocatoria por orde segundo a listaxe a que se refire o punto anterior, comezando polas solicitudes que obtivesen a puntuación máis alta e ata o esgotamento do crédito dispoñible.

No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación.

Artigo 6º.-Instrución.

1. As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá o/a interesado/a para que nun prazo de 10 días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistido/a da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42º da antedita lei.

Esta fase completarase incorporando ao expediente a información rexistral da entidade solicitante segundo a documentación que consta na Dirección Xeral de Relacións Laborais, así como as certificacións indicadas no número 2 do artigo 4º.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Relacións Laborais do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar competente por razón do territorio, para os programas I, II, e IV.

O órgano instrutor dos expedientes relativos aos programas III, e V será a Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

3. A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, polo que os expedientes pasarán para o seu exame á comisión de avaliación que aplicará os criterios de valoración sinalados nas bases reguladoras e informará ao órgano instrutor. Este órgano elevaralle proposta ao órgano competente para a resolución, que resolverá poñendo fin á vía administrativa.

4. A comisión de avaliación das solicitudes presentadas estará formada polos seguintes membros: a persoa titular da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, que a presidirá, a persoa titular da xefatura do Servizo de Cooperativas e Economía Social, as persoas titulares das xefaturas dos servizos de relacións laborais dos departamentos territoriais da consellería e o/a xefe/a da Sección de Fomento da Economía Social, que actuará como secretario/a.

Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan a ela o presidente ou presidenta, ou persoa en que delegue, un/unha vogal e o/a secretario/a. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituído polo funcionario ou funcionaria que para o efecto designe a persoa titular da dirección xeral.

Artigo 7º.-Resolución e recursos.

1. O órgano competente para resolver as solicitudes será a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar.

2. O prazo para resolver e notificar será de seis meses. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 23º.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no artigo 1º e no artigo 2º da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións de concesión da subvención plurianual sinalarán a distribución das contías por anualidades, atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada e aos condicionantes orzamentarios.

Esta distribución non terá que coincidir coas distintas previsións de execución bianualizadas propostas por todos os solicitantes que resulten beneficiarios das axudas.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse con carácter potestativo recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

5. De acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 13º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, a Consellería de Traballo e Benestar publicará no DOG e na súa páxina web oficial as subvencións concedidas ao abeiro desta orde, con expresión do beneficiario/a, a contía e a súa finalidade.

6. De conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Consellería de Traballo e Benestar incluirá e fará públicos, no rexistro regulado no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás subvencións recibidas ao abeiro desta orde, así como as sancións impostas (os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC como órgano responsable dos ficheiros- rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela).

No suposto de que a axuda estea cofinanciada polo Fondo Social Europeo, na resolución de concesión informarase o beneficiario/a que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes dos/as beneficiarios/as, das operacións, e a cantidade de fondos públicos asignados a cada operación que se públicará conforme o previsto no artigo 7º.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro .

Os/as interesados/as teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15º da Lei 9/2007.

Artigo 8º.-Xustificación e pagamento.

1. Unha vez notificada a resolución definitiva, os/as interesados/as dispoñerán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido este sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21º.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. O/a beneficiario/a deberá presentar perante o órgano administrativo competente para a instrución do procedemento, segundo o programa de que se trate de acordo co previsto no artigo 6º, a xustificación da subvención no prazo fixado na resolución de concesión da axuda e cumprindo co recollido nos artigos 28º e 29º da Lei de subvencións de Galicia.

3. O beneficiario deberá xustificar o investimento conforme a anualización establecida na resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos de axudas, que poderán ser parciais ou totais, de acordo co modelo do anexo VIII.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o/a beneficiario/a para que no prazo improrrogable de 10 días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o/a beneficiario/a das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. As unidades administrativas responsables da instrución de cada programa analizarán a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da realización da actividade obxecto da subvención e emitirán unha proposta de pagamento que se elevará á Dirección Xeral de Relacións Laborais, órgano competente para ordenar o pagamento.

6. O pagamento efectuarase de forma nominativa e polos importes anuais que correspondan, a favor dos/as beneficiarios/as e logo da acreditación dos gastos e pagamentos realizados ata o tope máximo da contía inicialmente concedida como subvención para cada ano.

Os pagamentos anteriores ao pagamento final terán o carácter de pagamento á conta, e non poderán ser superiores ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Cando se tramite un pagamento á conta, se o solicitante é beneficiario dunha axuda total superior a 18.000 € para esa actuación deberá presentar, con anterioridade ao pagamento da axuda, unha garantía constituída por seguro de caución prestado pola entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110% do importe do pagamento á conta. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade para a cal se concedeu a subvención. Para eses efectos consideraranse como gastos independentes os

correspondentes a cada unha das actuacións realizadas non dependentes doutras aprobadas.

En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 42º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Para estes efectos considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario. Con caracter excepcional e para os gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 euros, poderá xustificarse o pagamento mediante recibín do provedor.

A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen nos prazos establecidos nesta orde. En todo caso para os gastos que se van financiar con Fondo Social Europeo respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

7. O pagamento das axudas para cada ano quedará condicionado á presentación dunha solicitude de pagamento conforme o modelo do anexo VIII acompañada da documentación xeral e da específica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

7.1. Documentación xeral:

a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

b) No momento da xustificación total da actividade subvencionada deberá presentarse declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto as aprobadas e/ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

7.2. Documentación específica para cada programa:

a) No caso das axudas para a elaboración do plan empresarial, proxectos técnicos e estudos en xeral, deberá presentarse unha copia deles, previamente ao seu pagamento.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato do préstamo, facturas do total do investimento en inmobilizado material e inmaterial realizado e xustificantes dos pagamentos realizados, alta na Seguridade Social dos socios ou socias traballadores polos que se solicita subvención e alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e Facenda, de non telo presentado con anterioridade. Con posterioridade, a persoa ou entidade beneficiaria, no prazo de trinta días, desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) No caso de subvención directa, facturas do total do investimento en inmobilizado material e inmaterial realizado, xustificantes dos pagamentos realizados, alta na Seguridade Social dos socios ou socias traballadores/as por quen se solicita subvención e alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e Facenda, de non telo presentado con anterioridade.

d) No caso de asesoramento e acompañamento de proxectos deberá achegarse certificación dos servizos realizados expedida polos/as que o prestaron e conformada polo grupo promotor, xunto cos documentos normalizados acreditativos da realización das distintas fases e copias dos documentos elaborados, de acordo co previsto na base terceira (programa III). Se a beneficiaria é a cooperativa promotora do proxecto deberá acreditar o pagamento dos servizos.

e) Cando se trate da axuda excepcional de inicio da actividade, facturas xustificativas da realización do total destes gastos e xustificantes dos pagamentos realizados.

f) Cando se trate da axuda pola contratación de directores/as ou xerentes, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

g) Cando se trate das incorporacións ou contratacións de profesionais, previstas na base terceira, 3.1.2 (programa III), achegarase certificado da inscrición no libro de socios/as ou copia do contrato de traballo, así como xustificante da alta na Seguridade Social.

h) Nas axudas da base cuarta (programa IV) e co obxecto de acreditar a adquisición da condición de socio/a e o recoñecemento do desembolso das achegas e cotas de ingreso, se é o caso, deberá presentarse certificado da cooperativa relativo ás anotacións realizadas no libro de achegas ao capital social así como no libro de socios e socias.

8. Non obstante o sinalado no punto anterior, a documentación exixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude a opción do/a interesado/a; neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

9. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

10. Non poderá realizarse, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres o/a beneficiario/a non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da Seguridade Social, sexa debedor/a en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.

Artigo 9º.-Subcontratacións.

Poderán ser obxecto de subcontratación, total ou parcial as actividades subvencionadas a través desta convocatoria, coas condicións e requisitos establecidos no artigo 27º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 43º do Decretro 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007. En todo caso, quedan fóra da subcontratación aqueles gastos nos cales teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Artigo 10º.-Prohibicións, incompatibilidades e concorrencia.

1. A persoa ou entidade solicitante non poderá atoparse incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 13º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, circunstancia que se xustificará mediante a declaración contida no anexo II desta orde.

2. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria, no cal se incluirán todos os custos directamente derivados dela, tales como custo total do activo e os custos de persoal calculados sobre o período que deban manterse os postos de traballo creados, de ser o caso.

3. As axudas e subvencións establecidas nesta orde serán incompatibles, agás a axuda por fomento de acceso á condición de socio/a traballador/a, coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego, de iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego autónomo, de centros especiais de emprego e de promoción do emprego autónomo das persoas afectadas por diversidade funcional, convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

4. Ademais, as axudas pola incorporación de socios e socias traballadores/as ou de traballo serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que se poidan conceder pola mesma causa e concepto ao abeiro doutros programas de fomento do emprego, agás as bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

5. Así mesmo, a axuda para contratación de directores/as ou xerentes poderá ser compatible coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

6. As subvencións para o financiamento de proxectos de investimento serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda para igual finalidade.

7. As axudas previstas no programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, serán compatibles co resto das previstas nesta orde.

8. As axudas para o fomento do acceso á condición de socio traballador previstas no programa IV resultarán compatibles coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

9. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

10. O importe máximo das axudas para cada finalidade deberá respectar os límites que se establecen nas bases reguladoras dos distintos programas.

Artigo 11º.-Obrigas dos/as beneficiarios/as.

Son obrigas dos/as beneficiarios e beneficiarias das axudas e subvencións as sinaladas no artigo 11º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, en especial as seguintes:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención. As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde estarán exentas de achegar os xustificantes do cumprimento destas obrigas.

b) Realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, ou cinco no caso das axudas aos investimentos do programa II desta orde, agás cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente.

c) As cooperativas e sociedades laborais beneficiarias destas axudas están obrigadas a manter a persoa pola que se concede a subvención, como socio ou socia traballador/a ou de traballo, polo menos durante tres anos. No suposto de baixa na sociedade no dito período, teñen a obriga de substituílo/a por outra persoa e polo período que reste ata completar os tres anos, ou a reintegrar as cantidades percibidas, cos seus xuros de demora, estando obrigadas a lle comunicar a baixa ao órgano concedente no prazo dun mes contado desde aquel en que esta se producise. Cando a axuda se concedese pola incorporación dunha persoa pertencente a un colectivo determinado, a substitución deberá ser realizada por outra persoa pertencente a algún dos colectivos polos que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberá realizarse no prazo máximo de seis meses desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa

beneficiaria ao órgano competente que concedese a subvención, no mes seguinte á substitución. Esta nova incorporación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

d) Manter, polo menos, durante un período de cinco anos unha forma xurídica de entre as elixibles para resultar beneficiaria da subvención concedida.

e) As persoas beneficiarias das axudas o fomento do acceso a condición de socio/a traballador/a do programa IV quedan obrigadas a manter esta condición na mesma fórmula empresarial de economía social a que se incorporan por un período mínimo de 5 anos.

f) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como, de ser o caso, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos termos establecidos na normativa vixente sobre actividades de información e publicidade. As medidas de difusión deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma coma na súa duración, e poderán consistir na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente, así como en lendas relativas ao financiamento público en carteis, placas conmemorativas, materiais impresos, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación.

Para as accións dos programas III e V todas as medidas de publicidade e información que deban executarse serán coherentes co establecido na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, publicada pola Dirección Xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda e dispoñible na súa páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. Os beneficiarios e beneficiarias dos programas III e V deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo de Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, tal e como se define no artigo 89º número 3 do Regulamento 1083/2006 do Consello, deberán, así mesmo, manter unha separación contable adecuada para os gastos relacionados coa axuda que facilite a «pista de auditoría».

i) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 12º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14º.1 n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 13º.-Revogación e reintegro.

Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32º e 33º da citada Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

A obriga do reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 14º.-Seguimento e control.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo funcións de control, avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á súa disposición para comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación. Para estes efectos, os/as beneficiarios/as deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Artigo 15º.-Axudas baixo condicións de minimis.

Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros cando se trate dunha empresa que opere no sector do transporte por estrada.

Sección segunda

Convocatoria de axudas para o ano 2011

Artigo 16º.-Convocatoria.

Convócanse para o ano 2011, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, reguladas polas bases da sección primeira desta orde.

Artigo 17º.-Presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 18º.-Período de execución das accións.

Con carácter xeral e para todos os programas o período de execución de accións abrenguerá desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 15 de maio de 2012.

Excepcionalmente, as accións relativas aos programas I, II, III e IV, realizadas entre o 25 de xullo de 2010 e a data de publicación desta orde, poderán dar lugar ao acceso a condición de beneficiario.

Porén, o gasto subvencionable corresponderá ao ultimo trimestre de 2010 e aos exercicios orzamentarios de 2011 e 2012.

Artigo 19º.-Xustificación das accións subvencionadas.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar o investimento conforme a anualización establecida na resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos que deberán ser parciais ou totais, mediante solicitude conforme o modelo do anexo VIII.

A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 31 de outubro de 2011 para a primeira anualidade e o 31 de maio de 2012 para a segunda.

Artigo 20º.-Financiamento e normativa reguladora.

1. A concesión das axudas previstas nos programas deste orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás aplicacións 12.03.324A.471.0 cunha contía inicial de 1.575.000 €; 12.03.324A.472.0 cunha contía inicial de 600.000 € e 12.03.324A.770.0 cunha contía inicial de 800.000 €, da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

O orzamento total ascende a 2.975.000 € e a distribución inicial de créditos por programas e anualidades é a seguinte:

Ver referencia pdf "01400D003P035.PDF"

Artigo 21º.-Tramitación anticipada.

Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto e tamén de conformidade coa orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, que posibilitan a tramitación anticipada dos expedientes de gasto no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vai imputar o correspondente gasto.

Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2011, no momento da resolución.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde, agás aquelas que de acordo co artigo 35º f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa se atopen en poder da administración actuante.

Segunda.-Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar a favor da persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como as relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceira.-Se, unha vez adxudicadas as axudas e subvencións, resultase remanente de crédito, esta consellería reserva para si a facultade de efectuar convocatorias complementarias ou reabrir o prazo de presentación de solicitudes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Bases reguladoras dos programas de promoción e divulgación do cooperativismo e de fomento do emprego en empresas

de economía social

Base primeira

Programa I: Fomento do emprego en cooperativas

e sociedades laborais

1. Finalidade.

Este programa está dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e traballadores/as con carácter temporal, como socios e socias traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.

2. Beneficiarios/as.

2.1. Poderán acollerse ás axudas previstas neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios e socias traballadores/as ou de traballo as persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

a) Persoas desempregadas menores de 25 anos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo.

b) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

c) Persoas desempregadas de longa duración que estivesen sen emprego e inscritos na oficina de emprego durante polo menos 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8 meses se fosen menores de 25 anos.

d) Persoas desempregadas ás cales teñan recoñecido o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, para a súa incorporación como socios/as á sociedade cooperativa ou sociedade laboral que solicita a subvención, sempre que o período de prestación por desemprego que teñan recoñecido non sexa inferior a 360 días se teñen 25 anos ou máis e a 180 días se son menores de 25 anos.

e) Mulleres desempregadas que se incorporen como socias traballadoras ou de traballo nos vinte e catro meses seguintes á data do parto, adopción ou acollemento.

f) Persoas desempregadas cun grado de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

g) Persoas desempregadas en situación de exclusión social pertencentes a algún dos colectivos previstos no Programa de Fomento do Emprego vixente no momento da incorporación como socio:

-Persoas perceptoras de rendas mínimas de inserción, ou calquera outra prestación de igual ou similar natureza, segundo a denominación adoptada en cada comunidade autónoma, así como os membros da unidade de convivencia beneficiarios/as delas.

-Persoas que non poidan acceder ás prestacións a que se fai referencia no parágrafo anterior, por algunha das seguintes causas:

*Falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou para a constitución da unidade perceptora.

*Ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido.

*Mozos e mozas maiores de dezaoito anos e menores de trinta, procedentes de institucións de protección de menores.

-Persoas con problemas de drogodependencia ou outros trastornos aditivos que se atopen en proceso de rehabilitación ou reinserción social.

-Persoas internas en centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego e cuxa relación laboral non estea incluída no ámbito de aplicación da relación laboral especial regulada no artigo 1º do Real decreto 782/2001, do 6 de xullo, así como liberados condicionais e ex reclusos.

-Persoas menores de idade internas engadidos no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego e cuxa relación laboral non esté incluída no ámbito de aplicación da relación laboral especial a que se refire o artigo 53º.4 do Regulamento da citada lei, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, así como os que se atopan en situación de liberdade vixiada e os ex internos.

-Persoas procedentes de centros de aloxamento alternativo autorizados polas comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla.

-Persoas procedentes de servizos de prevención e inserción social autorizados polas comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla.

h) Traballadoras e traballadores vinculados á empresa por contrato de traballo de carácter temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de seis meses á data de solicitude da subvención.

i) Mozos e mozas entre 16 e 24 anos que carezan de calquera título educativo ou profesional, adquirido con posterioridade ao ensino obrigatorio.

j) Persoas desempregadas pertencentes algún dos seguintes colectivos:

-Mozos e modas menores de 25 anos, non incluídos nos colectivos citados anteriormente.

-Persoas maiores de 25 anos e menores de 30 que finalizasen a súa educación a tempo completo nos dous anos anteriores á súa incorporación e que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado.

-Traballadores/as aos cales se lles recoñeceu o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

-Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

-Mulleres desempregadas que se incorporen como socias traballadoras tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.

-Mulleres desempregadas cando se incorporen para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro).

-Persoas titulares de familias monoparentais e con responsabilidades familiares. Terá esta consideración aquela persoa solteira, viúva, separada ou divorciada que teña ao seu coidado fillos ou fillas menores de 21 anos ou persoas maiores incapacitadas que non obteñan ingresos de calquera natureza superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional vixente no momento da solicitude.

-Mulleres maiores de 25 anos e menores de 45.

-Persoas desempregadas que realizasen, no ano da presentación da solicitude ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional para o emprego destinados prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas, directamente relacionados co posto de traballo ao cal se incorporan.

-Persoas desempregadas que participasen, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnado en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu contido co posto de traballo ao que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou servizos de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.

-Traballadores e traballadoras desempregados/as por mor dalgunha das causas previstas nos artigos 50º, 51º e 52º b) e c) do Estatuto dos traballadores ou que procedan de empresas inmersas nalgún outro proceso de reestruturación ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia, polas causas previstas no artigo 49º.1 g) do Estatuto dos traballadores, agás no caso de que na empresa á que se incorporen participe o empresario/a ou persoas que participaron no capital social da extinta empresa, directa ou indirectamente, ou os seus familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

2.2. Para os efectos desta axuda, o requisito de estar en desemprego e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do socio ou socia traballador/a no correspondente réxime da Seguridade Social.

2.3. Poderán resultar, así mesmo, beneficiarias as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios/as traballadores/as as persoas vinculadas á empresa por un contrato de traballo temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de 6 meses á data da súa incorporación.

2.4. A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de socios e socias traballadores/as ou de traballo da entidade beneficiaria da axuda, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a axuda. Para os efectos do incremento do emprego non se terán en conta os traballadores e traballadoras temporais.

Non poderá concederse esta axuda cando se trate da incorporación de socios ou socias traballadores/as ou de traballo que tiveron tal condición na mesma empresa nos dous anos anteriores a súa incorporación como socios/as.

3. Modalidades e contía das axudas.

Pola incorporación de socias e socios traballadores ou de traballo ás cooperativas ou sociedades laborais, a contía da axuda será de ata 5.500 euros por cada persoa desempregada que se incorpore a xornada completa como socio ou socia traballador/a ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral, así como no suposto da incorporación como socio ou socia traballador/a ou de traballo das persoas vinculadas á empresa por un contrato temporal. Estas contías veranse incrementadas do seguinte xeito:

-Cando a persoa incorporada pertenza ao colectivo sinalado coa letra i) a contía da subvención incrementarase en 1.000 € ata un máximo de 6.500 €.

-Cando a persoa incorporada sexa unha muller desempregada a contía da subvención incrementarase en 1.500 € ata un máximo de 7.000 €.

-No caso de persoas desempregadas en situación de exclusión social previsto na letra g) a contía da subvención incrementarase en 2.500 € ata un máximo de 8.000 €.

-No caso de persoas desempregadas e con minusvalidez igual ou superior ao 33%, a contía da axuda incrementarase en 4.500€ ata un máximo de 10.000 €.

No suposto de que a xornada de traballo do socio ou socia traballador/a ou de traballo incorporado/a sexa a tempo parcial, a contía da axuda será proporcional ao tempo efectivo de duración da xornada.

4. Criterios de avaliación.

A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:

-Emprego xerado.

-Porcentaxe de mulleres no emprego xerado.

-Contribución á integración de colectivos en situación de exclusión social.

-Actividades desenvolvidas no marco dos novos viveiros de emprego definidos pola Unión Europea.

-Incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

-Desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

-Incidencia na creación e mantemento do emprego no contorno xeográfico en que se desenvolva a actuación.

-Contribución á mellora ambiental.

Estes criterios terán a mesma importancia, con independencia da orde en que figuran recollidos.

Base segunda

Programa II: Mellora da competitividade en cooperativas

e sociedades laborais

1. Finalidade.

Este programa está dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización das empresas de economía social, mediante unha mellora da súa competitividade, facilitando así a súa consolidación, mediante subvencións financeiras e subvencións directas para financiamento e adquisición de inmobilizado.

A subvención financeira e a subvención directa teñen por obxecto facilitar o financiamento dos investimentos realizados por cooperativas ou sociedades laborais en inmobilizado material ou inmaterial, que sexan necesarios para a súa posta en funcionamento ou ampliación así como para a incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

2. Beneficiarios/as.

Poderán acollerse ás subvencións para a realización dos investimentos previstos neste programa as cooperativas con socios e socias traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais.

A solicitude deberá formalizarse con anterioridade ao inicio da execución dos proxectos de investimento.

3. A subvención financeira.

Consistirá na redución de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar.

Esta subvención, que se pagará dunha soa vez, será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo da axuda poderá alcanzar o custo total dos gastos financeiros sen superar 18.000 euros por entidade.

4. A subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial.

Poderá concederse para a realización de investimentos que contribúan á creación, consolidación ou mellora da competitividade de cooperativas e sociedades laborais, cun importe máximo de ata o 50% do custo de adquisición dos activos, excluídos impostos.

A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser, como mínimo, do 25 por cento. O importe máximo desta subvención será de 18.000 euros por entidade. No suposto de que a adquisición dos activos se financie parcialmente mediante préstamos para os que se solicitou subvención de xuros, a determinación da subvención directa realizarase a partir do importe non financiado polos ditos préstamos.

5. Normas comúns á subvención financeira e á subvención directa para adquisición de inmobilizado material e inmaterial.

5.1. Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos inmateriais vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións. O investimento obxecto de subvención deberá manterse durante un período mínimo de 5 anos, agás bens amortizables cun período inferior, neste caso deberá manterse polo menos polo dito período.

5.2. Os investimentos realizaranse mediante a compra de activos novos. Non obstante, naqueles casos nos que os investimentos se realicen mediante a compra de equipamentos de segunda man deberán cumprirse os requisitos seguintes:

a) O vendedor ou vendedora do equipamento deberá facilitar unha declaración sobre a orixe do dito equipamento, confirmando que durante os últimos sete anos non se comprou con subvencións estatais ou comunitarias.

b) Acreditar, mediante un certificado expedido por un perito ou perita independente, que o prezo dos equipamentos non é superior ao valor de mercado nin ao custo dun equipamento novo similar, que reúna as características técnicas requiridas para a operación e que cumpra as normas aplicables.

5.3 A determinación dos gastos subvencionables axustarase ao disposto nesta orde e no artigo 31º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o artigo 29º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto do custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento, o/a beneficiario/a deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores/as, con carácter previo ao establecemento do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

6. Criterios de avaliación.

A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:

-Emprego xerado.

-Porcentaxe de mulleres no emprego xerado.

-Contribución á integración de colectivos en situación de exclusión social.

-Actividades desenvolvidas no marco dos novos viveiros de emprego definidos pola Unión Europea.

-Incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

-Desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

-Incidencia na creación e mantemento do emprego no contorno xeográfico en que se desenvolva a actuación.

-Contribución á mellora ambiental.

Estes criterios terán a mesma importancia, con independencia da orde en que figuran recollidos.

Base terceira

Programa III: Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promover o cooperativismo e a economía social no ámbito da comunidade autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais, tanto para aqueles que sexan de nova creación como para os xerados polas entidades existentes. Poderán ter a consideración de proxectos subvencionables, entre outros, a transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais, a constitución de novas entidades ou o lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade polas entidades en funcionamento.

2. Beneficiarios/as.

a) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou as que acometan novos proxectos empresariais, así como as persoas físicas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento de proxectos recollidos no número 3.2.1 desta base.

b) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no número 3.1.2 «Apoio ás cooperativas que presten servizos de natureza social e a comunidade», as cooperativas de calquera clase que realicen as súas actividades na área dos servizos sociais, da integración social, da protección ambiental e do tempo libre, debidamente inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

3. Accións subvencionables e contía.

3.1. Profesionalización e cualificación empresarial.

3.1.1. Axuda para a contratación de directores/as ou xerentes.

Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola contratación de directores/as ou xerentes que sexan necesarios para a viabilidade da empresa ou a boa fin do proxecto de investimento de que se trate. Dado o seu carácter excepcional, para a súa concesión a sociedade deberá xustificar a súa necesidade e a dificultade da cooperativa ou sociedade laboral para facer fronte ao custo correspondente cos seus propios recursos.

Esta contratación subvencionarase por un período máximo dun ano ata o 50% do custo total dela, sen que poida superar a contía de 20.000 euros por cooperativa ou sociedade laboral. Deberase respectar o disposto para a contratación de persoal asalariado pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais e asumir a obriga de manter no cadro de persoal da entidade ao director/a ou xerente, como mínimo, polo tempo subvencionado.

3.1.2. Apoio ás cooperativas que presten servizos de natureza social e a comunidade.

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da incorporación como socios/as ou contratación de traballadores/as sociais, psicólogos/as e outros/as profesionais de especial cualificación que resulten necesarios para a viabilidade da empresa e unha adecuada prestación do servizo. A subvención calcularase sobre o importe total da contratación ou incorporación computada para un período máximo dun ano, e debe respectar o disposto para a contratación de asalariados/as pola lexislación vixente de cooperativas, de ser o caso, e non poderá superar a contía de 20.000 euros por cooperativa.

3.1.3. Formación empresarial.

Esta axuda irá destinada ao financiamento parcial de cursos relacionados con actividades como a de dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e a comunicación, co fin de cubrir as necesidades de formación das socias e socios incorporados a cooperativas e sociedades laborais durante a posta en marcha da empresa. A contía desta axuda será de ata o 75% do custo dos servizos prestados ata o límite máximo de 20.000 euros por beneficiario.

3.1.4. A contía máxima da suma das axudas concedidas en accións de contratación de directores/as e xerentes e formación empresarial dos números 3.1.1 e 3.1.3 será de 20.000 euros por entidade beneficiaria.

3.2. Asistencia técnica.

Estas axudas están destinadas ao financiamento parcial de actividades como a contratación, durante a posta en marcha da empresa, dos servizos externos necesarios para o mellor desenvolvemento da actividade empresarial, así como para a realización doutras accións de asistencia técnica, estudos de viabilidade, organización, comercialización, difusión e outras de natureza análoga.

3.2.1. Asesoramento e acompañamento de proxectos.

Poderán outorgarse subvencións para o asesoramento e acompañamento de proxectos, que comprenderá desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial da cooperativa, o seu seguimento e asesoramento na execución. As solicitudes poderán ser formuladas ou ben pola cooperativa promotora ou ben polos que presten o servizo, neste último caso poderá presentarse unha solicitude por cada un dos proxectos asesorados.

Será preceptiva a elaboración dun plan de traballo normalizado, por parte dos que presten o servizo, co seguinte contido mínimo:

O número de horas dedicadas ao acompañamento do proxecto, que non será inferior a 200 horas anuais, das cales deberán reservarse o número suficiente que permita o mantemento dunha reunión de seguimento quincenal, así como 100 horas para a realización de sesións específicas coas socias e socios cooperativistas para o tratamento e análise das seguintes áreas:

-Formación cooperativa e habilidades sociais (20 horas).

-Económico-financeira (20 horas).

-Comercial-mercado (20 horas).

-Organizativa (40 horas).

Cada reunión ou actuación subvencionable deberá documentarse cos modelos normalizados facilitados pola Consellería de Traballo e Benestar, que conterán, como mínimo, a súa duración e lugar de realización, a relación de asistentes cos seus datos de identificación e sinaturas de conformidade, así como con copias dos documentos elaborados nas distintas fases.

O asesoramento e acompañamento subvencionable unicamente poderá ser prestado por persoas físicas ou empresas privadas que conten con persoal, propio ou concertado, con coñecementos e formación especifica nas áreas que se indican:

-Cooperativismo: considerarase acreditado este requisito pola participación en actividades formativas, en que a carga lectiva específica sobre cooperativismo teña unha duración mínima de 60 horas.

-Xestión empresarial: considerarase acreditado este requisito polas persoas licenciadas en Administración e Dirección de Empresas, diplomadas en Ciencias Empresariais ou diplomadas en Relacións Laborais.

-Asesoría xurídica: considerarase acreditado este requisito polas persoas licenciadas en Dereito.

-Xestión societaria: considerarase acreditado este requisito pola participación en actividades formativas en materia de psicoloxía organizacional, habilidades sociais, traballo en equipo e solución de conflitos, xunto cunha experiencia mínima de 3 anos de asesoramento nesta área.

A contía da subvención ascenderá a 30 euros por hora de información, formación ou asesoramento por cada proxecto. O número mínimo de persoas asesoradas por proxecto será de tres. Establécense os seguintes límites máximos para a subvención, en función das persoas físicas promotoras directamente asesoradas:

-3 persoas promotoras: ata 200 horas.

-Entre 3 e 5 persoas promotoras: ata 250 horas.

-Entre 5 e 10 persoas promotoras: ata 300 horas.

-Entre 10 e 15 persoas promotoras: ata 350 horas.

-Entre 15 e 25 persoas promotoras: ata 400 horas.

-Entre 25 e 50 persoas promotoras: ata 450 horas.

-Máis de cincuenta persoas promotoras: ata 500 horas.

Para estes efectos, entenderase por persoas directamente asesoradas, aquelas que participen na totalidade das sesións específicas previstas no número 3.2. O número total de horas xustificadas en concepto de preparación das actividades onde participen presencialmente os/as promotores/as, non poderá superar o 50% do total.

Se os/as promotores/as desisten do proxecto antes de finalizar o acompañamento previsto, resultarán subvencionables as actuacións realizadas ata ese momento, cos límites anteriormente indicados. A xustificación desta subvención realizarase mediante a achega da documentación establecida no artigo 8º.6 da orde de convocatoria.

3.2.2. Outras accións de asistencia técnica.

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha dos proxectos que se indican a continuación, ata un máximo de 10.000 euros, cos seguintes límites particulares:

-Asistencias técnicas consistentes na elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes de natureza análoga ata un máximo de 8.000 euros.

-Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno ata un máximo de 2.000 euros.

-Formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución da cooperativa ata un máximo de 2.000 euros.

A asistencia técnica deberá ser prestada por persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa solvencia profesional, por medio de titulación académica oficial suficiente para a prestación do servizo. No caso de persoas xurídicas, o/a posuidor/a da titulación debera acreditar o seu vínculo coa entidade.

3.2.3. A contía das axudas de asistencia técnica recollidas no número 3.2 terá o límite máximo de 20.000 euros por cooperativa ou sociedade laboral que resulte destinataria dos servizos.

3.3. Axuda excepcional para o lanzamento de actividade.

Poderase conceder unha axuda excepcional para o lanzamento de actividade. O importe desta axuda, que se concederá a entidades de nova creación, consistirá nunha subvención de ata o 50% dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 20.000 euros.

Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións, sempre que se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade.

Considerarase como data de inicio a de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, a de alta no censo de obrigados/as tributarios/as do Ministerio de Economía e Facenda.

4. Criterios de avaliación das solicitudes.

A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:

a) Emprego xerado.

b) Constitución de microempresa.

c) Carácter innovador do proxecto.

d) Constitución da empresa en zona desfavorecida (anexo IX).

e) Emprego da lingua galega na realización das actividades para as que solicita a axuda.

Estes criterios terán a mesma importancia, con independencia da orde na que figuran recollidos.

Base cuarta

Programa IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a

1. Finalidade.

Este programa ten como obxectivo o fomento do acceso á condición de socios e socias traballadores/as, ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, como xeito de promocionar o cooperativismo e a economía social facilitando a participación e plena integración na empresa, mediante a concesión de axudas económicas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.

2. Beneficiarios/as.

Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que accedan á condición de socio/a traballador/a ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral e as persoas asalariadas deste tipo de entidades que accedan á condición de socio/a traballador/a ou de traballo. Igualmente, poderán resultar beneficiarias as persoas que figuren de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de mellora de emprego.

Será necesario acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e da Lei 4/1997, do 24 de marzo, de sociedades laborais, respecto aos topes máximos de traballadores/as por conta allea, así como establecer un plan específico que recolla medidas que aseguren a progresiva incorporación dos/as asalariados/as á condición de socios/as, se é o caso.

3. Contía das axudas.

A contía das axudas poderá ascender ata 4.500 euros para a incorporación a unha cooperativa e ata 2.000 € para a incorporación a unha sociedade laboral, sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais de ser o caso, pola incorporación como socio ou socia. A contía máxima da axuda, no momento do seu pagamento, non poderá ser superior aos importes efectivamente desembolsados en concepto de achega ao capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais, segundo o caso.

No caso de sociedades cooperativas, o importe das axudas será recoñecido como achegas obrigatorias desembolsadas do/a novo/a socio/a ao capital social, ou como cota de ingreso que deberá incorporarse ao Fondo de Reserva Obrigatorio da entidade. No caso das sociedades laborais, o importe das axudas será recoñecido como accións ou participacións sociais desembolsadas do/a novo/a socio/a ao capital social.

O importe das axudas recoñecido como capital social deberá manter o seu carácter de achegas ao capital social de sociedades cooperativas, ou de accións ou participacións sociais de clase laboral, no caso das sociedades laborais, durante un período mínimo de cinco anos. Durante este período, non poderán ser obxecto de reembolso nin transmisión por actos inter vivos. Non obstante, o socio ou socia que cause baixa obrigatoria poderá transmitir a súa achega a favor da persoa que se incorpore para substituílo/a nas mesmas condicións e ata o final do referido período, como mínimo.

4. Criterios de avaliación.

A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:

a) Pola incorporación de persoas con discapacidade: 10 puntos.

b) Pola incorporación de mulleres: 5 puntos.

c) Polo tempo de permanencia no desemprego: 1 punto por cada mes ata un máximo de 20 puntos.

d) Por ter a condición de persoas asalariadas da cooperativa: 20 puntos.

e) Por ter a condición de persoas asalariadas da sociedade laboral: 10 puntos.

f) Polo tempo de permanencia como demandante de mellora de emprego: 0,20 puntos por cada mes ata un máximo de 5 puntos.

g) Pola incorporación como socios/as traballadores/as ou de traballo de sociedades cooperativas: 20 puntos.

Base quinta

Programa V: Actividades de promoción do cooperativismo

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade apoiar o desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo, subvencionando parcialmente os gastos necesarios para a súa realización.

2. Beneficiarios/as.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades cooperativas, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros de cooperativas dependentes da Xunta de Galicia.

3. Modalidades e contía das axudas.

3.1. Na modalidade de fomento do cooperativismo poderán considerarse actividades subvencionables:

-Organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios.

-Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos.

-Elaboración de proxectos de intercooperación e integración.

-Presenza da cooperativa en feiras, mostras e congresos.

-Participación dos/as socios/as e traballadores/as en cursos de formación para a mellora da dirección e xestión cooperativa.

-Realización de actuacións de divulgación e promoción do emprendemento baixo a fórmula cooperativa.

-Organización de actividades de fomento da cultura preventiva e para mellora da seguridade e saúde laboral dos/as socios/as e traballadores/as.

-Formación específica en materia de prevención de riscos laborais.

-Calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo.

A contía das axudas previstas nesta modalidade non poderá superar o 75% dos gastos necesarios para a súa realización, ata un máximo de 30.000 euros por beneficiaria. Establécense, así mesmo, os seguintes límites subvencionables para as actividades que se indican a continuación:

-Actividades divulgativas ou formativas de duración igual ou inferior a 10 horas: ata 2.000 €.

-Actividades divulgativas ou formativas de duración superior a 10 horas: ata 3.000 €.

-Presenza en feiras e mostras: ata 5.000 €.

3.2. Na modalidade de adaptación as tecnoloxías da información e as comunicacións poderán ser obxecto de subvención os programas que recollan algunha das seguintes actuacións:

-Mantemento da páxina web da entidade cooperativa ou accións de carácter análogo, e a súa incorporación a redes informáticas, ata un máximo de 3.000 €.

-Mantemento de sistemas telemáticos para a xestión empresarial e societaria, así como para comercio electrónico, e accións de carácter análogo ata un máximo de 10.000 €.

En todo caso, a contía das axudas previstas nesta modalidade non poderá superar o 75% dos gastos necesarios para a súa realización, ata un máximo de 10.000 euros por beneficiaria.

4. Criterios de avaliación.

A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:

1º Pola adecuación aos obxectivos e liñas de actuación do Plan estratéxico para o cooperativismo, ata un máximo de 30 puntos. No caso da modalidade 3.2 esta puntuación outorgarase en función do carácter integral do proxecto presentado que fomente a inmersión da cooperativa nas tecnoloxías da información e as comunicacións.

2º Por propostas innovadoras ou que pola súa singularidade acheguen novos enfoques e perspectivas ao cooperativismo ou á súa promoción, ata un máximo de 25 puntos. No caso da modalidade 3.2 esta puntuación outorgarase polo establecemento de canles áxiles e estables de comunicación interna cos socios e socias da cooperativa.

3º Pola solvencia da entidade solicitante para levar a cabo a actividade, acreditada mediante memoria específica, e o cumprimento dos compromisos derivados de actividades subvencionadas anteriormente, de ser o caso, ata un máximo de 20 puntos.

4º Pola adecuación dos medios previstos e viabilidade do proxecto presentado, ata un máximo de 15 puntos.

5º Polo emprego da lingua galega na realización das actividades para as que solicita a axuda, ata un máximo de 15 puntos.

6º Por actividades realizadas en zonas desfavorecidas ou de montaña: 10 puntos.

7º Por incremento do emprego fixo e neto: 10 puntos.

Ver referencia pdf "01400D003P035.PDF"