DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2011 Páx. 930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2010 pola que se publican as axudas ás comunidades de propietarios, en réxime de concorrencia competitiva, para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública concedidas ao abeiro da Orde do 19 de setembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 188, do 29 de setembro), e modificada pola Orde do 21 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 9 de outubro).

De conformidade co establecido no artigo 18º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e concordantes do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e tamén, de conformidade co disposto no artigo 19º.5 da Orde do 19 de setembro de 2008, pola que se convoca e regula, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas ás comunidades de propietarios, para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública, publícase un extracto das resolucións de concesión das axudas concedidas ao abeiro da devandita orde.

Finalidade da axuda: todas estas axudas teñen como finalidade contribuír a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Norma reguladora: Orde do 19 de setembro de 2008, pola que se convoca e regula, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas ás comunidades de propietarios, para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública (DOG nº 188, do 29 de setembro) modificada pola Orde do 21 de setembro de 2009 (DOG nº 199, do 9 de outubro).

Crédito orzamentario: 2009: 1.964.000,00 €; 2010: 2.000.000,00 €, 2011: 276.539,60 €.

Aplicación orzamentaria: 07.90.451A.781.00.

Comunidades de propietarios beneficiarias por provincia, finalidade da subvención e importe da axuda concedida a cada unha delas expresada en euros, segundo o anexo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2010.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Ver referencia pdf "01000D010P074.PDF"