DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2011 Páx. 920

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2011, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 216, do 10 de novembro de 2010, é necesario facer as seguintes correccións:

-No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 18.435, onde di: «47. Pontenova, A: 8 de marzo, Martes de Entroido; 3 de outubro, as feiras da Pontenova», debe dicir: «47. Pontenova, A: 8 de marzo, Martes de Entroido; 10 de outubro, as feiras da Pontenova».

-No anexo III, provincia de Ourense, na páxina 18.437, onde di: «88. Vilardevós: 9 de marzo, Mércores de Cinza; 11 de novembro, San Roque», debe dicir: «88. Vilardevós: 9 de marzo, Mércores de Cinza; 11 de novembro, San Martiño».

-No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 18.438, onde di: «32. Mondariz-Balneario: 1 de febreiro, Nosa Señora de Lurdes; 13 de xuño, Romaría Santuario da Franqueira», debe dicir: «32. Mondariz-Balneario: 11 de febreiro, Nosa Señora de Lurdes; 13 de xuño Romaría Santuario da Franqueira».

-No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 18.438, onde di: «53. Silleda: 12 de xullo, luns seguinte á Festa de Silleda; 22 de agosto, Festa da Empanada», debe dicir: «53. Silleda: 11 de xullo, luns seguinte á Festa de Silleda; 22 de agosto, Festa da Empanada».