DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2011 Páx. 877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inscribe a asociación San Guillermo de Arnotegui no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola asociación San Guillermo de Arnotegui con data do 20 de outubro de 2010.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, emitido de acordo co artigo 23º do mencionado decreto, segundo o cal «as entidades solicitantes deberán ter como finalidade a recuperación, conservación e promoción dos Camiños de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deles».

Considerando que segundo o artigo 26º, a solicitude foi presentada segundo o modelo que figura no anexo e acompañada da documentación pertinente.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a asociación San Guillermo de Arnotegui quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 195.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

José Manuel Rey Pichel

Director xeral de Patrimonio Cultural