DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2011 Páx. 839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

CORECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renove de equipos de climatización, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as devanditas axudas para o ano 2010.

Advertido un erro na versión en galego da mencionada resolución, publicada no DOG nº 248, do 28 de decembro de 2010, procédese a realizar a seguinte corrección:

Na páxina 21.046, columna da dereita, artigo 2º.2, onde di: «As subvencións reguladas nesta resolución que se convocan no exercicio 2011 e tramitadas como expediente anticipado de gasto impútanse á conta contable 6565027, cun orzamento de 1.000.000 de euros, e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega, con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de acción 2008-2012 (PAE4+) da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España, e forman parte do Plan de traballo de 2010, aprobado o 20 de xullo de 2010 e modificado o 2 de novembro de 2010», debe dicir: «As subvencións reguladas nesta resolución que se convocan no exercicio 2011 e tramitadas como expediente anticipado de gasto, impútanse á conta contable 6565028, cun orzamento de 1.000.000 de euros, e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega, con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan

de acción 2008-2012 (PAE4+) da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España e forman parte do Plan de traballo de 2010, aprobado o 20 de xullo de 2010 e modificado o 2 de novembro de 2010».