DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2011 Páx. 837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2011 pola que se aproba o Plan de Xestión de Recursos Piscícolas dun tramo do río Anllóns, no concello da Laracha.

De conformidade co disposto no artigo 68º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña iniciou o expediente de aprobación do Plan de Xestión de Recursos Piscícolas do seguinte tramo do río Anllóns, situado no concello da Laracha:

Límite superior: Ponte Formigueiro.

Límite inferior: A Ponte do Porto ou Ponte Pereiro.

Lonxitude aproximada: 4,2 km.

Fundamentos xurídicos.

A tramitación do expediente de aprobación do Plan de Xestión de Recursos Piscícolas do tramo do río Anllóns antes citado axustouse ao establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e ao Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Concretamente, na elaboración deste Plan de Xestión de Recursos Piscícolas, foron oídos o Comité Provincial de Pesca Fluvial da Coruña e o Comité Galego de Pesca Fluvial, que emitiron informes favorables sobre a aprobación do devandito plan.

Con suxeición ao establecido no artigo 68º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, o conselleiro do Medio Rural é o órgano competente para a aprobación dos plans de xestión de recursos piscícolas.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Aprobar o Plan de Xestión de Recursos Piscícolas do tramo do río Anllóns que se sinala nos antecedentes.

O contido íntegro deste plan poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados estes prazos desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2011.

Samuel Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural