DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2011 Páx. 718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 30 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de 3 anos, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 149, do 5 de agosto de 2010).

En cumprimento do disposto no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 20º da Resolución do 30 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de 3 anos, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 30 de xullo de 2010.

Obxecto da axuda.

-Potenciar a autonomía das mulleres destinatarias das accións, proporcionándolles apoio, asesoramento e acompañamento, respecto aos recursos aos que poden optar pola súa situación persoal, económica ou social.

-Favorecer a súa incorporación ao mundo laboral, posibilitándolles a asistencia a actividades de formación.

Norma reguladora: Resolución do 30 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de 3 anos, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 120.000 euros (cento vinte mil euros) recollidos na aplicación orzamentaria: 04.40.312G.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2010.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "00700D003P007.PDF"