DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2011 Páx. 565

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 23 de decembro de 2010 pola que se modifica a Orde do 3 de setembro de 2009, pola que se desenvolve o procedemento, a organización e o funcionamento do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 3 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o procedemento, a organización e o funcionamento do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG nº 175, do 7 de setembro, regulou o procedemento de inscrición no dito rexistro ao abeiro do Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia, e ao abeiro do Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro, en que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética de edificios de nova construción. Esta normativa forma parte das medidas de desenvolvemento do Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética no sector da construción en España.

Debido á aparición de novos documentos recoñecidos, que serán aprobados pola Comisión Asesora para a certificación da eficiencia enerxética de edificios segundo o disposto no artigo 14º e) do Real decreto 47/2007, e debido ás necesidades do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios en canto aos datos utilizados que recollan a información requirida para a elaboración de informes, análises e unha mellor xestión deste é polo que se fai necesaria a publicación desta orde.

Artigo 1º.-Modificacións da Orde do 3 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o procedemento, a organización e o funcionamento do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orden do 3 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o procedemento, a organización e o funcionamento do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia modifícase nos seguintes termos:

1. O artigo 6º.1 a) queda redactado do seguinte xeito:

«O/a promotor/a ou propietario/a do edificio poderá presentar de xeito presencial a solicitude de inscrición no rexistro dun certificado de eficiencia enerxética cubrindo con medios electrónicos os modelos que se xuntan no anexo I e no anexo II desta orde e que estarán dispoñibles no enderezo da internet http://www.xunta.es. Unha vez que a aplicación telemática do rexistro estea operativa, os anexos I e II deberán cubrirse na aplicación (https://rgee.xunta.es) aínda que a solicitude se faga de forma presencial».

2. No artigo 8º.1 b), o parágrafo primeiro queda redactado do seguinte xeito:

«Unha copia en formato e soporte dixital da documentación relativa á cualificación de eficiencia enerxética do edificio, que en función da opción elixida para a obtención de devandita cualificación, será a seguinte:».

3. O artigo 10º queda redactado do seguinte xeito:

«Cando a documentación presentada no rexistro non se axuste ás especificacións establecidas nesta orde, ou non resulte posible o acceso á documentación contida en soporte dixital, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou o Instituto Enerxético de Galicia procederán segundo o disposto no artigo 71º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirindo o interesado para que no prazo de 10 días hábiles contados desde a data de recepción da notificación emende a documentación solicitada».

Disposición adicional

Única.-Anexos.

Xúntanse a esta orde os novos modelos normalizados dos anexos I e II que foron modificados e axeitados á plataforma telemática para poder cubrilos de xeito electrónico.

Disposición derradeira

Única.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

Ver referencia pdf "00600D001P005.PDF"