DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2011 Páx. 313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2010 pola que se fan públicas as subvencións concedidas ás asociacións de consumidores no marco da Resolución do 28 de xuño de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo) pola que se convoca e se regula a concesión de subvencións para o ano 2010 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos destinados á protección e ao asesoramento aos consumidores e usuarios.

Na súa virtude, de acordo co establecido no artigo 21º das bases da citada convocatoria,

RESOLVO:

Facer públicas as subvencións concedidas ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos destinados á protección e ao asesoramento aos consumidores e usuarios para o ano 2010, aos beneficiarios que se relacionan no anexo desta resolución e nas contías que se sinalan.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2010.

Mª Nava Castro Domínguez

Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Ver referencia pdf "00300D012P089.PDF"