DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2011 Páx. 294

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2010 pola que se fai pública a resolución da convocatoria das axudas reguladas na Orde do 25 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 31 de marzo) pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvenciones destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

Mediante Orde do 25 de marzo de 2010, da Consellería do Medio Rural, fixose pública a convocatoria de axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, e convocáronse para 2010 (DOG nº 61, do 31 de marzo).

O artigo 4º da citada orde dispón: «En todo o referido á contía, requisitos, autorizacións, tramitación e resolución, observarase o disposto na citada Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento do sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (DOG nº 79, do 24 de abril)».

O artigo 10º.11 da Orde do 18 de abril de 2008 dispón: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59º.6 b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural».

Segundo o que establece o 2 parágrafo do artigo 6º da Orde do 18 de abril de 2008, cada beneficiario poderá percibir estas axudas, durante un período máximo de cinco exercicios anuais consecutivos, logo da presentación anual da renovación do compromiso, de conformidade co anexo I, tendo en conta as bases establecidas na antedita convocatoria así como os créditos dispoñibles.

Vista a proposta de resolución da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles as axudas aos solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-Denegar as axudas aos solicitantes coa indicación do motivo no anexo II.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá o interesado/a interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ao amparo dos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou ben directamente poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses desde a mesma data, consonte o disposto no artigo 46º.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 24-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

Ver referencia pdf "00300D009P070.PDF"