DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2011 Páx. 266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2010 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2010, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2010.

De conformidade co disposto no artigo 18º.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de febreiro de 2010, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2010 (DOG nº 40, do 1 de marzo), modificada pola Orde do 26 de maio de 2010 (DOG nº 110, do 11 de xuño).

O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2010 ascendeu a 50.239.668,01 €, repartidos nas seguintes aplicacións dos orzamentos xerais da comunidade autónoma galega para o ano 2010:

-25.066.839,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312D.460.0;

-1.190.220,30 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312A.460.0;

-16.056.456,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.313C.460.2;

-6.871.795,04 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.313C.460.3;

-220.536,39 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312E.761.0;

-33.821,28 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.313C.760.0;

-800.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312F.460.2.

Ás contías anteriores súmase, ademais, a correspondente aos remanentes que, procedentes do exercicio anterior, son incorporados para o financiamento destas subvencións no exercicio 2010, contía que ascende a un total de 4.036.509,01 €. Estes remanentes producíronse nos créditos destinados ao financiamento dos gastos correntes dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, polo que foron incorporados para a mesma finalidade.

Ademais, con cargo aos créditos correspondentes ás anualidades 2011, 2012 e 2013 das aplicacións orzamentarias 12.02.312E.761.0 e 12.02.313C.760.0, concedéronse subvencións de carácter plurianual pola contía de 1.044.578,80 € para o exercicio 2011 (350.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312E.761.0 e 694.578,80 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.313C.760.0), de 1.272.556,40 € para o exercicio 2012 (300.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312E.761.0 e 972.556,40 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.313C.760.0) e de 61.995,67 € para o exercicio 2013 (os 61.995,67 € con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312E.761.0).

Destas subvencións, as destinadas a financiar os gastos correntes de mantemento e realización de programas básicos de servizos sociais comunitarios municipais correspondentes ao exercicio 2010 foron cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade) nunha contía de 8.028.227,61 € a través do denominado Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais e, por outra banda, as destinadas a financiar os proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano correspondentes ao exercicio 2010 foron cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade) nunha contía de 74.188,39 €.

Así mesmo, as subvencións destinadas a financiar axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes tamén foron parcialmente cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade-Imserso) nunha contía de 6.242.106,00 € con cargo aos fondos estatais destinados á atención de persoas en situación de dependencia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 19-2-2010, D.A.)

Susana López Abella

Secretaria xeral de Familia e Benestar

Ver referencia pdf "00300D006P042.PDF"

Ver referencia pdf "00300D007P052.PDF"