DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2011 Páx. 257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de decembro de 2010 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010, convocados pola Orde do 24 de setembro de 2010.

A Orde do 24 de setembro de 2010 (DOG do 1 de outubro) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010, establece no seu artigo 9º.3 que, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a resolución correspondente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos, resoltas as reclamacións presentadas, e vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, este conselleiro

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2009-2010, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra esta resolución de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "00300D004P033.PDF"

Os/as gañadores/as deberán enviar, no prazo de dez días, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, edificio administrativo s/n, bloque 2, 1º andar, 15781, Santiago de Compostela, a certificación da titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos na que se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio.