DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2010 Páx. 21.395

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde á que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992. As normas que motivan a revisión da codificación son as que se citan a seguir:

1) Lei 7/2010, do 15 de outubro, pola que se suprime o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e se modifican determinados artigos da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

2) Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011.

3) Doutra banda, a Resolución do 13 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Tributos, autoriza o Banco Popular Hipotecario para actuar como entidade colaboradora na xestión recadatoria desenvolta pola Consellería de Facenda, razón pola que é preciso actualizar o anexo VII da antedita orde.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro.-Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, da forma que se especifica a seguir:

a) Engadindo un novo código de servizo na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co número :

23 Compañía de Radio-Televisión de Galicia: OA.

b) Modificando o código do servizo número 22, na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quedando redactado como segue:

22 Secretaría Xeral de Igualdade.

Segundo.-Actualizar o anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.42.01. Asesoramento do candidato/a para participación no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

30.42.02. Avaliación da unidade de competencia.

30.48.00. Actuacións de habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

30.48.01. Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación.

30.48.02. Expedición e renovación da habilitación.

31.07.32. Vacinación de ruminantes fronte á lingua azul a petición de parte.

31.24.04. Inspección e control das actividades dos prestadores de servizos de comunicación audiovisual.

31.24.05. Rexistro de prestadores de servizos de comunicación audiovisual.

32.07.22. Presentación de declaracións responsables de inicio de actividade.

32.07.23. Presentación de declaracións responsables de modificación ou cesamento de actividade.

32.37.05. Autorización administrativa de repotenciación de parques eólicos existentes.

32.64.00. Execución subsidiaria en expedientes sancionadores de dominio público hidráulico.

32.65.00. Expedición de placas de instalación e inspeccións periódicas de equipos a presión.

32.66.00. Autorizacións para bens inmobles obxecto de concesión nas Illas de Ons e Onza.

32.66.01. Autorización para a novación do uso ao que se destinan os bens inmobles.

32.66.02. Autorización para obras de conservación, reforma e renovación dos bens inmobles.

32.66.03. Autorización para obras que supoñan ampliación ou incremento de volume, edificabilidade ou altura dos bens inmobles.

32.66.04. Autorización para o cambio de uso ao que se destinan os bens inmobles.

32.66.05. Autorización para a cesión temporal a terceiros do uso dos bens inmobles.

32.67.00. Entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia.

32.67.01. Outorgamento do título de entidade colaboradora da Administración hidráulica de Galicia.

32.67.02. Modificación do título de entidade colaboradora da Administración hidráulica de Galicia.

32.67.03. Renovación do título de entidade colaboradora da Administración hidráulica de Galicia.

32.67.04. Inspección e control das entidades que teñan o título de entidade colaboradora da Administración hidráulica de Galicia

34.03.00. Ocupación mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas.

34.04.00. Ocupación inmobles nas Illas de Ons e Onza.

B) Modificando os códigos seguintes:

30.07.01. Autorización de explotación e autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída nela).

30.07.08. Primeira inscrición, se é o caso previa homologación, de modelos de máquinas de xogo.

30.42.00. Actuacións en materia de competencia profesional.

31.01.01. Autorización, transmisión, rehabilitación, troca e exención de autorización, ou prórroga de autorización.

31.01.02. Visado de cada unha das copias certificadas da autorización, expedicións de copias ou duplicados e modificación.

31.07.02. Prestación de servizos facultativos relacionados coas análises de laboratorio, en materia de sanidade e produción animal.

31.07.04. Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados cos movementos de animais vivos e produtos de orixe animal, salvo que as tramitacións de autorizacións de traslado de animais se realicen de xeito telemático a través da Oficina Agraria Virtual da consellería competente en materia de gandaría.

31.07.16. Autorización de veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais.

31.07.20. Subministración de marcas electrónicas e documentos de identificación de gando equino.

31.07.23. Actuacións no marco do Plan Nacional de Investigación de residuos nos animais vivos e nos seus produtos (PNIR) efectuadas polos servizos veterinarios da consellería competente en materia de gandaría.

31.07.24. Autorizacións e revisións de empresas de penso para a elaboración e/ou comercialización de pensos medicamentosos consonte o Real decreto 1049/2009, do 4 de setembro.

31.14.02. Autorización de funcionamento ou traslado para centros e establecementos que precisan autorización de instalación.

31.24.01. Outorgamento, prórroga, renovación ou transmisión de licenzas para prestación de servizos de comunicación audiovisual.

31.24.02. Arrendamento de licenzas para prestadores de servizo de comunicación audiovisual: 50% sobre a taxa resultante da adxudicación da licenza.

31.24.03. Autorización da modificación na titularidade das accións, participación ou títulos equivalentes dos prestadores dos servizos de comunicación audiovisual, así como as ampliacións de capital, cando a subscrición de accións ou títulos equivalentes non se realice en idéntica proporción entre os propietarios do capital social.

31.30.00. Autorizacións e outras actuacións en materia de augas.

31.44.00. Prestación de servizos no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

31.44.01. Análises de biotoxinas mariñas en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

32.03.00. Dirección e inspección de obras realizadas mediante contrato, incluídas as adquisicións ou subministracións especificadas nos proxectos e as correspondentes revisións de prezos a cargo da Administración para a xestión e execución das devanditas actividades, calquera que sexa a forma de adxudicación do contrato.

32.07.01. Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de seguridade industrial: realización de probas para a obtención do certificado e a expedición de certificados de capacitación profesional.

32.49.00. Recoñecemento e inscrición das escolas de navegación de lecer.

32.50.00. Recoñecemento das escolas de mergullo.

32.52.01. Autorización de produtor de residuos perigosos.

32.52.03. Autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos.

32.52.09. Autorización de xestión de residuos para actividades de transporte de residuos perigosos con asunción da titularidade.

32.57.00. Expedición, renovación e modificación substancial da autorización ambiental integrada.

32.63.00. Dirección dos contratos de servizo en materia de augas.

C) Eliminando os códigos seguintes:

31.39.00. Autorización a entidades formativas para impartiren cursos de prevención de riscos laborais a nivel intermedio e superior.

32.07.12. Autorización e inscrición ou renovación da autorización no Rexistro de instaladores, mantedores, reparadores de instalacións de protección contra incendios.

32.07.17. Autorización a empresas (reparación de tanques, probas de estanquidade, tensión de paso e outras).

32.07.18. Renovación da autorización a empresas da epígrafe 17.

32.47.00. Autorizacións para realizar comprobacións de tensións de paso e de contacto de instalacións de posta a terra.

32.52.05. Inscrición de vehículos no Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.10. Autorización de produtor de residuos de construción e demolición, cando o produtor non estea previamente inscrito no Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.11. Autorización ou prórroga da autorización de produtor de residuos de construción e demolición, cando o produtor estea previamente inscrito no Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia.

Terceiro.-Actualizar o anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

-Engadindo o nome de Banco Popular Hipotecario.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 2011

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2010.

Carlos Rodríguez Sánchez

Director xeral de Tributos