DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2010 Páx. 20.999

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RECURSO de inconstitucionalidade número 8260-2010.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 14 de decembro actual, admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 8260-2010, promovido polo presidente do Goberno contra o artigo 2º, números un, dous punto 2, cinco e dez puntos 1, 2 e 3, e artigos 3º a 9º da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior. E faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161º.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso -23 de novembro de 2010- para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no BOE para os terceiros.

Madrid, catorce de decembro de dous mil dez.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de xustiza do Pleno