DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2010 Páx. 20.824

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

DECRETO 208/2010, do 16 de decembro, polo que se establece a denominación do Centro Superior Bibliográfico de Galicia como Biblioteca de Galicia (Centro Superior Bibliográfico de Galicia).

A Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas, creou o Centro Superior Bibliográfico, centro bibliotecario fixo, cabeceira da Rede de Bibliotecas de Galicia, e núcleo central de información bibliográfica, de automatización, de normalización dos procesos técnicos, dos plans para a catalogación centralizada ou compartida, e de información, asesoría e formación profesional.

Desde a posta en funcionamento da Cidade da Cultura de Galicia a sede do Centro Superior Bibliográfico de Galicia será o edificio da Biblioteca de Galicia. Coa finalidade de evitar confusión sobre o nome do centro e o da súa sede, considérase conveniente que a denominación sexa a de Biblioteca de Galicia-Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de decembro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo único.-O Centro Superior Bibliográfico de Galicia, creado pola Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas, pasa a denominarse Biblioteca de Galicia (Centro Superior Bibliográfico de Galicia).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura e Turismo para ditar as disposicións necesarias en cumprimento e desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de decembro dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE CULTURA

E TURISMO