DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 511174 (rúa do Pombal, número 28).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de novembro de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 511174 (rúa do Pombal, número 28), segundo o proxecto presentado por Soledad Iglesias Cañete o 16 de xullo de 2009.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86º.1 a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o proxecto inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, con citación persoal dos propietarios afectados segundo o catastro, e anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, así como a declaración da Consellería de Medio Ambiente sobre innecesariedade de someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Así mesmo, durante o trámite de información pública, e como condición para a aprobación definitiva, deberán emendarse as seguintes cuestións:

1. Reformarse a redacción da epígrafe 1.3 da memoria (Determinacións do planeamento vixente), co obxecto de reflectir a supresión da unidade de intervención UI-8 que resulta da aprobación da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

2. Nos planos de ordenación resultante da modificación eliminarase a referencia e ordenación da antiga unidade de intervención UI-8, segundo as determinacións do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2010.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde