DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

EDICTO.

SAT Gandeira do Oribio solicitou desta alcaldía licenza municipal para corte de vacún, fosa de xurro e sollado de formigón en Abradelo de Samos.

En cumprimento do disposto no artigo 8º.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Samos, 20 de novembro de 2010.

Julio Gallego Moure

Alcalde