DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

EDICTO. (Expediente de ampliación de explotación de gando vacún).

Ganadería Os Campos, S.C., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación dunha explotación de gando na Pena, Pastor, deste termo municipal. Cumprido o disposto na lexislación de aplicación sométese a información pública por espazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

O Pino, 26 de novembro de 2010.

Manuel Taboada Vigo

Alcalde