DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Exposición pública da solicitude de licenza de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental.

Marta González Jalda solicitou deste concello licenza municipal de actividade para academia privada de movementos corporais que se situará na rúa Atranco, 2 baixo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP ou no DOG, co fin de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formular por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

Cangas, 8 de novembro de 2010.

Clara Millán González

Alcaldesa