DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Cambreauto, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para a actividade de mantemento e reparación de vehículos automóbiles, sita na travesía da Igrexa, nº 24, parroquia do Temple, termo municipal de Cambre.

En cumprimento do disposto no artigo 8º.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cambre, 22 de novembro de 2010.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde