DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

EDICTO.

César Julio Rodríguez Ares, en representación de Recambios y Accesorios César Rodríguez, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de establecemento comercial para a venda de pneumáticos, recambios e accesorios do automóbil con servizo de engraxamento, que se situará en rúa Carlos III, nº 50 baixo, Becerreá.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Becerreá, 26 de novembro de 2010.

Manuel Martínez Núñez

Alcalde