Acordo da Xunta de Goberno local do 24 de novembro e do 1 de decembro, do Concello de Arteixo (A Coruña), referente á convocatoria e bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.
No BOP da Coruña número 236, do 14 de decembro de 2010, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, das seguintes prazas de persoal funcionario do Concello de Arteixo, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2010, a través do procedemento de oposición libre:
-Administrativo de Administración xeral: 1 praza, grupo C1.
-Policía local, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais: 1 praza, grupo C1.
As instancias para solicitar participar no correspondente proceso selectivo presentarase na forma prevista nas mencionadas bases, no rexistro xeral do concello, dirixidas á alcaldesa presidenta da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 14 de decembro de 2010.
P.D. (Decreto 1525/2007)
Rosario Figueiras Icasuriaga
Concelleira de Réxime Interior, Persoal, Emprego, Educación e Normalización Lingüística