DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración para a adquisición de mobiliario clínico con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia AI-SER2-10-028.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AI-SER2-10-028.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea 2010/S 120-181733, do 24 de xuño de 2010; Boletín Oficial del Estado número 156, do 28 de xuño de 2010; Diario Oficial de Galicia número127, do 6 de xullo de 2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento sen IVE: 228.680 €.

Orzamento con IVE: 265.268,80 €.

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de outubro de 2010.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Importe de adxudicación lote único:

Importe total sen IVE: 201.308,20 €.

IVE: 29.666,98 €.

Importe total con IVE: 230.975,18 €.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos