DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2010 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, do contrato de servizos que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa os expedientes: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita os expedientes: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

-Descrición do obxecto: servizo auxiliar de colaboración nas tarefas derivadas da adaptación de títulos concesionais á Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de portos e os seus desenvolvementos lexislativos.

-Lugar de execución: os traballos levaranse a cabo nos lugares establecidos na cláusula 12 do prego de prescricións técnicas.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Orzamento base de licitación: noventa e cinco mil douscentos euros (95.200 €), IVE excluído.

-Importe do IVE (18%): 17.136 euros.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: 2.856 euros (3% do orzamento de licitación, IVE excluído).

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

-Enderezo: praza de Europa, nº 10-A, 4º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 881 88 16 45.

b) Perfil de contratante na web: os pregos e o cadro de características do contrato poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15590

A data límite de obtención de documentos e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no punto 7 a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán de cumprir cos requisitos de solvencia establecidos no punto 9.2 do cadro de características do contrato.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares, nos puntos 9.2 e 12 do cadro de características do contrato e no prego de prescricións técnicas particulares.

c) Lugar da presentación:

As proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, 15707 (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 4.6 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80º.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das ofertas económicas, en virtude do disposto nos puntos 2 e 4 do artigo 145º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no número 14 do cadro de características do contrato.

f) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación, pero si se admiten melloras da oferta.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 10-A, 4º (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, o lugar e a hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto no primeiro parágrafo da cláusula 4.8.1.b) do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente de Portos de Galicia