DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación e anticipado do gasto, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de elaboración do proxecto e execución da obra hidráulica dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Vilaverde, Coristanco (A Coruña) de clave OH.315.795, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: proxecto e obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

­Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante dende a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es

-A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

­Descrición e lugar de execución: proxecto e obra dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Vilaverde. Coristanco (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.795.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.895.664,82 euros. IVE (%): 18. Importe total: 2.236.884,49 euros. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): trinta e seis (36).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d e grupo K, subgrupo 8, categoría d.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: a exixida para o contrato.

-Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: unicamente para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 55º.1 e 48º.4 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2. do cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 7 de febreiro de 2011.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80º.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 17 de febreiro de 2011 e do sobre C o 7 de marzo de 2011, ás 10.00 horas en ambos os dous casos.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

9. Outras informacións.

-Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicados no punto 2 está cofinanciado polo Feder nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixe 3. Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, Tema Prioritario Tratamento de auga (auga residual). Unha maneira de facer Europa.

-CPV (referencia de nomenclatura): a indicada no cadro de características de cada contrato.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se atrasen faranse públicas as novas datas mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

-Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación faranse públicas no perfil do contratante.

-Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

-Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.

Francisco Menéndez Iglesias

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos