DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2010 pola que se modifican as datas das mesas de contratación na licitación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, do expediente de contratación de clave EC00110SB.

En relación co expediente de contratación relativo á subministración consistente no aluguer de vehículos para o organismo autónomo Augas de Galicia, clave: EC00110SB, e por razóns organizativas modifícanse as datas das mesas de contratación quedando como segue:

Apertura das proposicións técnicas (sobre B).

a) Data: 1 de febreiro de 2011.

b) Hora: 9.00

Apertura do sobre A: terá lugar a apertura do sobre A (documentación persoal) o día 25 de xaneiro de 2011, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15564

Para máis información, ponse á disposición o seguinte enderezo de correo electrónico:

contratacion.augasdegalicia@xunta.es

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2010.

Francisco Menéndez Iglesias

Presidente de Augas de Galicia