DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería do Mar, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, dos servizos necesarios para o deseño e construción, montaxe, desmontaxe, transporte e atención con persoal cualificado, dos postos institucionais da Consellería do Mar en distintos certames feirais que se celebrarán no ano 2011. (Expediente cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 61%).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellaría do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, nº 5-2º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 90-981 54 40 46.

5) Fax: 981 54 40 47.

6) Correo electrónico:

manuela.rodriguez.perez@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15632

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2010/14/00926.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizo.

b) Descrición: servizos necesarios para o deseño e construción, montaxe, desmontaxe, transporte e atención con persoal cualificado, dos postos institucionais da Consellería do Mar en distintos certames feirais que terán lugar no ano 2011.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: ver punto 1 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte á sinatura do contrato, e ata o 31-12-2011.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: multicriterio. Indícanse na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto total: 112.000 euros. IVE (18%) total: 20.160 €. Importe total: 132.160 euros.

5. Garantías exixidas. provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acredítase mediante a clasificación exixida.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará aos oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o remate do prazo coincida en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: en papel.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: Consellería do Mar, edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 1 c) 7 deste anuncio.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2010.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo

Secretario xeral da Consellería do Mar