DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Jasma, SAT nº 705 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Augusto Cid Cabido, presidente; Ángel Cid Cabido, secretario; Mercedes Fernández Grande e Secundina Rodríguez Iglesias, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Agropino, SAT nº 735 XUGA, na asemblea xeral do 20 de outubro de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Redenominar a euros o seu capital social, pasando o valor do xustificante unha vez arredondado a ser de 6,02 euros, con este arredondamento procédese a ampliar o capital social en 39,52 euros, quedando un capital social total de 24.080 euros.

2. Aceptar a baixa do socio Santiago Pouso Rico, e a alta como socia de Celina María Romero Sanjurjo, esta alta e baixa non supón variación do capital social, xa que o socio saínte transmítelle 1.000 xustificantes de 6,02 euros, á socia entrante. Desta forma o capital dos socios quedaría como segue: Amando Romero Sanjuro, 1.000 xustificantes de 6,02 euros, por un importe total de 6.020 euros; Amando Romero Castrillón, 1.000 xustificantes de 6,02 euros, por un importe total de 6.020 euros; Gelasio Romero Sanjurjo, 1.000 xustificantes de 6,02 euros, por un importe total de 6.020 euros e Celina María Romero Sanjurjo, 1.000 xustificantes de 6,02 euros, por un importe total de 6.020 euros. Ratificándose así os acordos da asemblea xeral extraordinaria do 30 de novembro de 1995.

3. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Celina María Romero Sanjurjo, presidenta; Amando Romero Sanjurjo, secretario; Amando Romero Castrillón e Gelasio Romero Sanjurjo, como vogais. Ratificándose así nos acordos da asemblea xeral extraordinaria do 30 de novembro de 1995.

4. Aprobar a modificación do domicilio social da SAT, que pasa a estar en: Enchousas, s/n, 15566 As Somozas (A Coruña). Ratificándose así nos acordos da asemblea xeral extraordinaria, do 2 de decembro de 2002.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Busto-Corzón, SAT nº 1327 XUGA, na asemblea xeral do 24 de agosto de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa como socia de María Carmen Villar Engilde. Como consecuencia desta baixa, non se produce unha redución do capital social, xa que a socia que causa baixa dóalle os seus xustificantes ao socio José Manuel Fernández Villar.

2. Ampliación do capital social do socio José Manuel Férnandez Villar, por doazón de 79 xustificantes, de 1.000 euros cada un deles, de María Carmen Villar Engilde, por un importe de 79.000 euros, quedando este cun capital total de 182.000 euros, ós que corresponde 182 xustificantes nominativos de 1.000 euros de cada un.

3. Modificar o artigo 11º do seu estatuto social, segundo detallan na acta da asemblea.

4. Renovar a súa xunta reitora que pasa a esta composta por: José Manuel Fernández Villar, presidente; José Manuel Antelo Moledo, secretario; José Antonio Moledo Esperante, María Ana Capelo Alvite, Marta Muíño Guillin e María Digna Esperante Romero, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Carballeira-Deibe, SAT nº 1317 XUGA, na asemblea xeral do 6 de agosto de 2010, toma por unanimidade o seguinte acordo:

1. Recoñecer o ingreso bancario do capital pendente de desembolso da socia Laura Carballeira Deibe. O ingreso pola cantidade de 20.000 euros, foi efectuado o 6 de agosto de 2010, na conta bancaria da sociedade. Tras este ingreso a socia ten desembolsado o 85,6060% do capital subscrito, pola mesma na sociedade agraria de transformación (desembolsado 28.250 euros, dun total de 33.000 euros).

e) A Sociedade Agraria de Transformación As Pandas, SAT nº 1384 XUGA, na asemblea xeral do 28 de maio de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Nuria Vispalia Pernas, presidenta; Jaime Leal Vázquez, secretario; Moisés Vispalia Pernas, tesoureiro; Asunción Domínguez Paredes e Juan José Pernas Fernández, como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación A Capilla, SAT nº 1072 XUGA, na asemblea xeral do 14 de agosto de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Alberto López López, presidente; María Inés González Losada, secretaria; Alicia Pérez López, Esther Gómez Pérez, Hermina Pérez Gómez e José López Balboa, como vogais.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Decor-As Guimaras, SAT nº 963, na asemblea xeral do 12 de marzo de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Transmisión de títulos e incorporación de novos socios:

Realízase un recoñecemento dos xustificantes que corresponden a cada un dos socios e que constitúen o 100% do capital social.

Acórdase a venda total dos xustificantes nos que se distribúe o capital social e o destino do diñeiro da venda.

Así mesmo, apróbase a renuncia expresa de todos os socios a exercer o seu dereito de compra prioritaria dos xustificantes da sociedade.

Procédese a elevar a público estes acordos ante o notario de Lugo, Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias, con domicilio na rúa Raíña, nº 1, 4º, Lugo, de compravenda de participacións e adxudicación da herdanza da Sociedade Decor-As Guimaras, SAT nº 963, pola que os socios fundadores da SAT e os herdeiros dos restantes xa falecidos acreditan a propiedade de todas as participacións da sociedade e venden estas a David Martínez Martínez, con DNI 36103693-H, que compra catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, de outra participación social; Javier Alonso González con DNI 76896111-G, que compra catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación social e a Jorge Rodríguez Couñago con DNI 36034398-E, que compra catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou

participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación social.

2. O capital social total da sociedade é de oitenta e sete mil cento corenta e seis euros con setenta e seis céntimos (87.146,76 euros), desta forma a participación de cada socio queda como segue: David Martínez Martínez catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación social por un valor de vinte e nove mil corenta e oito euros con noventa e dous céntimos (29.048,92 euros); Javier Alonso González catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación social por un valor de vinte e nove mil corenta e oito euros con noventa e dous céntimos (29.048,92 euros) e Jorge Rodríguez Couñago catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación

social por un valor de vinte e nove mil corenta e oito euros con noventa e dous céntimos (29.048,92 euros).

Na asemblea xeral do 25 de maio de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: David Martínez Martínez, como presidente; Javier Alonso González, como secretario, e Jorge Rodríguez Couñago, como vogal.

2. Modificar o artigo 11º do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

Na asemblea xeral do 23 de xuño de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa como socio de Javier Alonso González, e a alta como socia de Rosa Quintas Nogueiras. Esta alta e baixa prodúcese como consecuencia da compra dos resgados pertencentes a Javier Alonso González por parte de Rosa Quintas Nogueiras, realizada en escritura pública ante o notario Miguel Lucas Sánchez, con domicilio na rúa Reconquista, 1, baixo, Vigo, pola que, a parte compradora adquire catrocentos oitenta e tres (483) xustificantes nominativos ou participacións e dunha terceira (1/3) parte indivisa en proindiviso cos demais socios, doutra participación da entidade por un valor de vinte e nove mil corenta e oito euros con noventa e dous céntimos (29.048,92 euros). Esta adquisición non leva implícita ningunha modificación do capital social da SAT.

2. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: David Martínez Martínez, como presidente; Jorge Rodríguez Couñago, como secretario, e Rosa Quintas Nogueiras, como vogal.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2010.

José Álvarez Robledo

Director xeral de Produción Agropecuaria