DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CÉDULA do 2 de decembro de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-43/2010, por infracción leve en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-43/2010, do xefe do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Turismo deste departamento territorial; rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114º e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentaren recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Facenda, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-S-43/2010.

Titular sancionado: Víctor Martínez Alonso.

Establecemento: Raparigas.

Domicilio: avda. de Ourense, 146.

Localidade: Xinzo de Limia.

Resolución: 15 de novembro de 2010.

Tipificación da infracción: artigo 69º a.3) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.

Ourense, 2 de decembro de 2010.

Gerardo Pumar Pumar

Xefe territorial de Ourense