DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria/anticipada, da contratación do servizo de seguridade e vixilancia para as instalacións do centro de educación especial (CEE) e centro público integrado (CPI) de Panxón. Nigrán (Pontevedra). (Expediente ED-02/11SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: ED-02/11SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia para as instalacións do CEE e CPI de Panxón. Nigrán (Pontevedra).

b) Lugar de execución: CEE e CPI de Panxón. Nigrán.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato. Ver número 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria/anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 338.716,26€, que se corresponden cun valor estimado de 287.047,68€, mais 51.668,58€ equivalente ao 18% do IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781-Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15587

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49).

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2010.

Jesús Oitavén Barcala

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria