DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Ponteareas. (Expediente IN407A 10/275-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: Doutor Fernández Vega, 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Capela de San Roque.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo Hersatene D.H.Z.1 H-16 de 93 metros de lonxitude, con orixe no C.M. San Roque e final no C.T. proxectado Capela San Roque. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado no barrio de San Roque, Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131º do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de novembro de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra