Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Domicilio social: avda. do Concello, nº 21, 36830 A Lama.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Gabián.
Situación: A Lama.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56, con orixe na L.M.T. Cambeses-O Borralleiro, de 461 metros de lonxitude continuando subterránea 217 metros con condutor R.H.Z.1 finalizando no C.T. proxectado. Centro de transformación de 100 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado no lugar de Gabián, A Barcia do Seixo, A Lama.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131º do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 10 de novembro de 2010.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra