DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 11 de novembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de solicitude de licenza municipal de actividade para a construción de colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Gandarío, concello de Bergondo. (Expediente CO-0232-2010).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días o expediente CO/0232/2010 co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (praza Luís Seoane, s/n, 15008 A Coruña ) e no Concello de Bergondo; estrada da Coruña, 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

A Coruña, 11 de novembro de 2010.

José Antonio Álvarez Vidal

Xefe territorial da Coruña