DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 23 de novembro de 2010, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores iniciados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente LU-00512-O-2009 e vinte e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8º e 14º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2010.

Xosé Lluis Fernández Suárez

Subdirector xeral de Inspección do Transporte

Ver referencia pdf "24400D021P067.PDF"

Ver referencia pdf "24400D023P069.PDF"