DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2010, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a adquisición directa de seis locais en Vigo para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 18º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 46º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 307/2009, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda,

RESOLVO:

Facer pública a tramitación dun procedemento de adquisición directa de seis locais situados no bloque sur dun edificio da rúa das Teixugueiras do polígono de San Paio de Navia, no concello de Vigo, para instalar unha oficina de emprego que substitúa a actual de Coia, dadas as limitacións do mercado inmobiliario na zona e as necesidades de servizo na contratación, posto que a oficina actual comparte espazo, toda a planta baixa e parte da primeira, co centro de formación ocupacional, o que impide a posibilidade de mellorar a calidade da formación que alí se imparte, co fin de mellorar as dotacións actuais así como de ampliar a formación a novas especialidades.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2010.

Rosa Mª Pedrosa Pedrosa

Secretaria xeral e do Patrimonio

da Consellería de Facenda