DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (617/2010).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela en substitución reglamentaria, fago saber que no procedemento de demanda 617/10 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Taracido Mosquera contra a empresa José Ramón García Fernández, sobre despedimento, se ditou o día 12 de novembro do 2010 auto de aclaración de sentenza coa parte dispositiva do teor literal que segue:

«Dispoño: polo exposto, procédese á aclaración da sentenza de referencia: que por erro, e tendo en conta que se extingue por sentenza a relación laboral, a indemnización debe calcularse ata a data desta cun total de 1.074,80 euros.

Esta resolución notifícase ás partes, formando parte da sentenza mesma da que trae causa.

Así o manda e asina a maxistrada xuíza María Paz Filgueira Paz. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao demandado José Ramón García Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2010.

María Jesús Pérez Fernández

Secretaria xudicial