DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (753/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 753/10, por instancia de Fernando Regueira Recouso, contra a empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou resolución cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fernando Regueira Recouso e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.884,36 €, xerados como salarios entre febreiro e maio de 2009 que non foron aboados, incrementados no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 € do depósito especial indicado no artigo 227º.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia e co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados deste xulgado, excepto as que teñan forma de emprazamentos, autos ou sentenzas, expido e asino esta cédula na Coruña, trinta de novembro e dous mil dez.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA