DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.733

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2010 pola que se nomea profesorado contratado doutor.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade do 4 de agosto de 2010 (DOG do 1 de setembro) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base sétima da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro) modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 13 de decembro de 2010.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo

Ver referencia pdf "24400D017P065.PDF"