DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.720

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as.

O número 5 da base sexta B) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde dispón que, á vista das reclamacións achegadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas as dúas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados/as, elevando esta relación á autoridade convocante.

Así mesmo, na base oitava dispón que, recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición na categoría correspondente, presenten a oportuna documentación, polo tanto este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar no anexo I desta resolución as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso, obtidas polos/as aspirantes das categorías de técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a de xestión de sistemas e t.i. e técnico/a superior de sistemas e t.i., e ademais na páxina web www.sergas.es

A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións á baremación provisional entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

Segundo.-Declarar aspirantes definitivamente seleccionados/as os/as indicados/as no anexo II, de conformidade coa totalidade das prazas ofertadas, en atención ás posibles quendas de acceso.

Terceiro.-Só os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación, no prazo de quince días hábiles, por razóns de urxencia conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois pola contra quedarían excluídos do proceso selectivo:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.

Os/as participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa dos requisitos para acceder pola correspondente quenda.

Só para os efectos de elección de destinos, de conformidade co artigo 9º do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitarlle á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Cuarto.-Para os efectos da relación, por localidade e institución sanitaria, de prazas que se lles ofrecerán aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados, coa previsión de facerse nun único chamamento e acto, serán publicadas con posterioridade no Diario Oficial de Galicia, indicando tamén a orde final de elección, de ser o caso, pola posible alteración prevista no punto anterior.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán formular recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Potestativamente, poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos

Ver referencia pdf "24400D015P052.PDF"