DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.709

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor/a da Deputación Provincial de Ourense, entre funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 37º do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15º.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Publicar as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de interventor/a da Deputación Provincial de Ourense que se achegan como anexo a esta resolución, conforme as seguintes disposicións:

Primeira.-O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado polos funcionarios con habilitación de carácter estatal, pertencentes á subescala e, se é o caso, categoría a que está reservado.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios que se atopen nas situacións previstas nas letras a) e b) do artigo 28º do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Segunda.-Os interesados dirixirán as súas solicitudes á corporación convocante, dentro dos quince días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, xuntando á solicitude a documentación acreditativa de reunir os requisitos para o seu desempeño, nos termos que figuran na convocatoria.

Terceira.-Os aspirantes deberán suxeitarse ás bases da convocatoria publicadas neste diario oficial.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

José Norberto Uzal Tresandí

Director xeral de Administración Local