DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de novembro de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2010.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 234, do 7 de decembro de 2010, é necesario realizar a oportuna corrección.

Na páxina 20.039, na letra b do número 2 onde di:«código de proxecto 200700399», debe dicir: «código de proxecto 200700400».