DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.684

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2010 pola que se adxudican as subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, convocadas pola Orde do 18 de xuño de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (IN828A-presentación electrónica), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2010.

Por orde da Consellería de Economía e Industria do 18 de xuño de 2010 (DOG número 120, do 25 de xuño), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG número 198, do 14 de outubro), convocáronse as subvencións para o ano 2010 para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación. O anexo I da citada orde do 18 de xuño de 2010 contén as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación (código de procedemento: IN828A).

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde da convocatoria, atendendo Ás dispoñibilidades de crédito e ás propostas elaboradas pola comisión de valoración prevista no artigo 8º do anexo I da mesma, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación (procedemento IN828A) aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 760.160 euros para o ano 2010. Aquelas subvencións para as cales se recolle si na columna Feder están cofinanciadas con fondos Feder.

Segundo.-Deixar en estado de suplentes todos os solicitantes que figuran no anexo II desta resolución, seguindo a orde de prelación que se recolle nel.

Terceiro.-Denegar as subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación aos solicitantes que se relacionan no anexo III desta resolución, por non seren consideradas subvencionables as súas solicitudes pola comisión de valoración.

Cuarto.-Desestimar expresamente o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da orde da Consellería de Economía e Industria do 18 de xuño de 2010 (DOG número 120, do 25 de xuño), dentro do procedemento IN828A.

Quinto.-Para poder percibir as subvencións, os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 30 de decembro de 2010, a documentación indicada no artigo 16º do anexo I da Orde do 18 de xuño de 2010, tendo en conta as particularidades mencionadas na Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se modifica o artigo 16º do anexo I da Orde do 18 de xuño de 2010.

Sexto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Sétimo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Oitavo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "24400D005P016.PDF"