DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 2010 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A aprobación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Vivenda e Solo xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á nova estrutura organizativa do organismo.

En consecuencia, por proposta do Instituto Galego de Vivenda e Solo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de decembro de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro.-Clasificar de libre designación os postos que a continuación se relacionan en aplicación dos criterios de excepcionalidade que na marxe se indican, de conformidade co previsto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o disposto mediante acordo do 28 de xaneiro de 2008, asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e polas organizacións sindicais:

ANEXO

A vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) substitúese pola seguinte:

Persoal funcionario

Ver referencia pdf "24400D004P009.PDF"

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de decembro de 2010, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "24400D004P009.PDF"

Persoal laboral

Ver referencia pdf "24400D004P009.PDF"

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001 ARQUITECTURA

2004 ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS

2005 ENXEÑARÍA INDUSTRIAL

2028 LIC. FÍSICA

2035 LIC. QUÍMICA

2062 LIC. DEREITO

2804 ARQUITECTURA/ENXEÑARÍA

3001 ARQUITECTURA TÉCNICA

3800 ARQUITECTURA TÉCNICA/ENXEÑARÍA TÉCNICA

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

020 COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO (MÉRITO).

168 CARNÉ DE CONDUCIR B1 (MÉRITO).

500 LCDO. DEREITO/ECONÓM./EMPRESAR. (MÉRITO)

501 LCDO. DEREITO (MÉRITO)

502 ARQUITECTO (MÉRITO)

506 LICENCIADO EN ECONÓMICAS/EMPRESARIAIS (MÉRITO).

516 ARQUITECTO TÉCNICO (MÉRITO)

530 DIPLOMADO EN ECONÓMICAS/EMPRESARIAIS (MÉRITO).

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PER-

FECCIONAMENTO DE GALEGO (RI).

641 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INI-

CIACIÓN DE GALEGO (RI).

954 PERMISO CONDUCIR B (RI).

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE

GALICIA, ESTADO E CC.AA.

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE

GALICIA.