DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 2010 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura e Turismo, consultadas as organizacións sindicais e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 16 de decembro de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de decembro de 2010, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "24400D003P008.PDF"